Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de enero de 2025

concurso de podcast e universitario


RNE Audio organiza xunto a Eloquenze a V edición do Concurso de podcast escolar e o II universitario.

O concurso escolar está destinado a colexios e institutos de toda España, diferenciando por catro categorías:
- 1º, 2º e 3º de primaria
- 4º, 5º e 6º de primaria
- 1º, 2º e 3º da ESO
- 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato e FP.
As aulas terán que enviar un podcast cunha duración máxima de cinco minutos, elaborado en equipo. O formato debe ser en .mp3.

Esta edición ten como premios un ano gratis na plataforma Eloquenze.com e un ano gratuíto do software de edición Hindenburg.

No concurso universitario pódese participar en dúas categorías: individualmente ou en grupos de máximo cinco persoas. A duración máxima debe ser de 10 minutos. En canto aos premios: a gravación do podcast en directo e con público, nun lugar definido por RNE; un ano gratis na plataforma Eloquenze.com; e un ano gratuíto do software de edición Hindenburg.

O prazo para participar estará aberto ata o 5 de abril de 2025.

concurso talento X challenge


OBXECTIVO:
Concurso dirixido a mozos/as entre 14 e 21 anos para desenvolver proxectos que xeren un impacto social positivo, abordando problemas específicos da súa contorna. Busca fomentar competencias como dixitalización, liderado, emprendemento, traballo en equipo, creatividade, igualdade, etc.

PRAZO DE INSCRICIÓN:
Ata o 21 de febreiro de 2025.

PARTICIPANTES:
Mozos/as nacidos entre 2004 e 2011, en equipos de 5 a 10 membros. Deberán estar supervisados por 1 ou 2 titores/as e vinculados a un centro educativo, asociación ou entidade con personalidade xurídica propia.

TRABALLO A REALIZAR:
Os equipos presentarán un proxecto que resolva ou mellore un problema social próximo. Contarán con material formativo e mentoring personalizado na segunda fase.

PREMIOS:

  • 2 premios de 5.000€ para poñer en marcha os proxectos gañadores.
  • Tarxetas regalo de 100€ para cada integrante dos equipos gañadores.
  • Tablets para os titores/as dos equipos gañadores.
  • Mencións especiais: Tarxetas regalo de 50€ e bonos para hoteis ILUNION para tres equipos finalistas.

ÁMBITO:
Concurso estatal en España para centros educativos, asociacións e entidades dirixidas á mocidade.